Saturday 18 de May de 2024

Clausura da Mostra de Teatro Infantil


O Auditorio Municipal viviu na noitiña do pasado venres a clausura da XXV Mostra de Teatro Infantil de Riveira, na que participaron un total de oito grupos: cinco do noso municipio e tres doutras localidades.

A concelleira de Educación e Cultura, Herminia Pouso, e Puri Cores en representación da asociación Alfaia, foron as encargadas de repartir uns obequios entre todos os participantes.

Previamente, houbo dúas funcións: “Rapunzel” dos irmáns Grimm por parte do grupo de teatro do colexio Bayón e “O baúl musical” de Adriana Castro polo grupo Teatrando Alecrín de Lousame.